Subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2022.

Beneficiarias:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros de entre 14 e 30 anos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
  • Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
  • Carecer de fins de lucro

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de xuño de 2022.
Máis información no BOE do 12 de maio de 2022 e www.injuve.es