Talento audiovisual galego, axudas á creación audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras.

Proxectos subvencionables:
-Modalidade A: subvencións a curtametraxes. Esta modalidade consta de dúas submodalidades:
A1: axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos.
A2: axudas a curtametraxes en construción que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e teñan previsto realizar os traballos de posprodución en Galicia.

– Modalidade B: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e/ou empreguen novas formas de linguaxe audiovisual e/ou adopten fórmulas narrativas non convencionais, e que estean a cargo dun director ou dunha directora que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica.

Persoas beneficiarias:
– As persoas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

– As persoas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social en Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos específicos:

Para proxectos da modalidade A:
– Proxectos da submodalidade A1 (realización de curtametraxes): unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que exerzan como director ou directora da obra.
– Proxectos da submodalidade A2 (curtametraxes en construción): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.

Proxectos da modalidade B (longametraxes): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos os casos constituída como produtora audiovisual.

As solicitudes tramitaranse a través de https://sede.xunta.gal co procedemento CT207E
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 8 de abril de 2024

Máis información no DOG do 6 de marzo de 2024 e en https://industriasculturais.xunta.gal/gl