QUEDAN PRAZAS¡ TALLER PARA MOZOS E MOZAS DE 11 A 16 ANOS

Impartido por Federico Fernández e Rosa García, mestres das especialidades de DEBUXO ARTÍSTICO e TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA, da EMAO.

Destinatarios/as: mozos e mozas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos

Datas: do 11 ao 21 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas

Duración: 36 horas

Obxectivo: Realización dunha tiraxe de gravados realizados na técnica do gravado en relevo, a partir da preparación previa de debuxos de autorretrato, co fin de facer unha instalación no espazo da contorna da Casa da Xuventude (onde se realizará o curso), co resultado deses gravados.

Programa:

  • O rostro humano; o canon Autoretrato na historia. Breve introdución 
  • A importancia do bosquexo no debuxo 
  • Elementos do rostro
  • O rostro a través dun espello 
  • O gravado en relevo. Breve introdución
  • Entintado e estampación nunha tinta
  • Importancia do continente e do contido
  • Elaboración dunha tirada 
  • O espazo urbano como contedor da obra

Material a aportar polo alumnado: linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, lapis, regra de corte metálica, cutter, papeis de recubrimento, edición do texto

Alumnado máximo: 12

Inscrición: Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico, a emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles): 

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.

OU CHAMANDO A EMAO, 986228088