Talleres experimentais de arquitectura contemporánea. MIES É +

O CGAC presenta a sexta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.

O proxecto educativo baséase tanto na xeración de didácticas como no deseño de recursos a partir de todo tipo de materiais (madeiras, membranas, escumas, arxilas, combinados sintéticos, etc.) e exploracións no mundo inmaterial que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. A dinámica proposta fomenta a reflexión e a creatividade individual, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala.

Febreiro. Christo e Jeanne-Claude. Land Art
A intervención de edificios a escala natural
Sábado, 27 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de febreiro

Marzo. Yona Friedman. A arquitectura móbil
Xogos de módulos, crecementos infinitos
Sábado, 27 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de marzo

Abril. Stanley King e Susan Chung. Codeseño
Procesos de participación e análise crítica
Sábado, 24 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 25 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de abriL

Taller especial para familias
Maio. Palle Nielsen. Infancia e activismo
A creatividade e a infancia como ferramenta de cambio social
Sábado, 29 de maio. Para familias con nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 30 de maio. Para familias con nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 5 familias / Prazo de inscrición: do 18 ao 28 de maio

Inscrición
Todos os talleres son gratuítos. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/243/mies_gl