Tarxeta Xente Nova para viaxar gratis no transporte público interurbano

O 15 de xuño a Tarxeta Xente Nova chega a área de Pontevedra e á provincia de Ourense.

O 15 de xuño incorpóranse ás vantaxes da Tarxeta Xente Nova trece concellos da área de Pontevedra e a Provincia de Ourense.

Así, os menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano das áreas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, e en toda a provincia de Ourense.

+Info: TARXETA XENTE NOVA