A axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) abre o prazo de inscrición da oitava edición de Tecnólog@ por un día.
Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.
A oitava edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.
Solicitude de inscrición (Do 8 ao 28 de marzo de 2023)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais.
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades ofertadas polas empresas colaboradoras, ás que o alumnado poderá optar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).
Asignación de prazas
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará a segunda semana de abril no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 11 de abril, os docentes recibirán no enderezo electrónico sinalado no formulario de inscrición unha comunicación co resultado do sorteo e os pasos a seguir.
Desenvolvemento da actividade (Do 17 de abril ao 26 de maio de 2023)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e comunicarán ao alumnado e aos docentes as instrucións e outra información de interese para o desenvolvemento da xornada: lugar de celebración, axenda da sesión, autorización para a captación de imaxes…
https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/tecn%C3%B3log-por-un-d%C3%ADa-8%C2%AA-edici%C3%B3n
https://www.facebook.com/plugins/like.php?app_id=&channel=https%3A%2F%2Fstaticxx.facebook.com%2Fx%2Fconnect%2Fxd_arbiter%2F%3Fversion%3D46%23cb%3Df1d06f6109dd30c%26domain%3Dxuventude.xunta.es%26is_canvas%3Dfalse%26origin%3Dhttp%253A%252F%252Fxuventude.xunta.es%252Ff12432a0bb0b634%26relation%3Dparent.parent&container_width=200&href=http%3A%2F%2Fxuventude.xunta.es%2Fcomponent%2Fk2%2Fitem%2F25177-tecnolog-por-un-dia&locale=en_US&sdk=joey&send=false&show_faces=true&width=200