Teléfono social

Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono do voluntariado (900 400 800), funcionará tamén como un teléfono social. O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.

O horario deste servizo será de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana.

O persoal que atende este teléfono responderá, de xeito maioritario, os seguintes tipos de chamadas:

1. Persoas que chamen para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19.

2. Persoas que necesiten apoio psicolóxico especializado. Derivaráselles a un/unha profesional deste ámbito.

3. Persoas que chamen para informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, derivaranse aos servizos sociais do concello.

4. Persoas que chamen para ofrecerse voluntarias nas próximas semanas

– De xeito prioritario: Acompañamento telefónico. O persoal do teléfono social derivará chamadas ás persoas voluntarias anotadas nesta rede, unha vez se teña un número nutrido de persoas, para que poidan dar simplemente conversa a aquelas persoas vulnerables ou que máis o necesiten.