Ti© Emprendes

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas e de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

DIRIXIDO A

  • Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos
  • Inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Desempregadas/os
  • Non integradas/os no sistema de educación ou formación
  • Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa)

QUÉ OFRECEMOS?

  • Formación en materias específicas de cada zona
  • Titorías personalizadas para a procura de emprego 
  • Asesoramento para a creación da túa propia empresa

Como podes participar

O procedemento para a preinscrición rexerase polo establecido nas bases de selección das persoas participantes no proxecto “TI© EMPRENDES”

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante

Solicitude de participación no proxecto Ti@ emprendes

Máis info: https://www.depo.gal/tic-emprendes