USA Summer Experience – UPENN 2024

Banco Santander, en colaboración con Upenn, ofrece 90 prazas para aprender inglés e gozar dunha experiencia única de inmersión lingüística e cultural nun programa de tres semanas de duración na Universidade de Pennsylvania, durante o próximo verán.

Criterios de selección para a Fase I:
-Cumprir cos criterios de elixibilidade
-Completar as probas de avaliación
-Os 500 mellores candidatos da Fase I pasarán á Fase II.
-Só os preseleccionados o 23/03/2024 recibirán instrucións para pasar á Fase II.

Criterios de selección para a Fase II:
-Cumprimentar un cuestionario adicional de Santander Open Academy no prazo establecido:
-Incluír unha declaración de motivación dun máximo de 4.000 caracteres.
-Proporcionar un perfil de LinkedIn ou un CV

Criterios de selección para a Fase III:
-Proporcionar unha copia do pasaporte ou un documento de identidade para verificar a residencia/nacionalidade e a idade.
-Realizar unha proba de nivel de inglés para determinar un nivel mínimo intermedio baixo (B1).

Período de inscrición: Do 02/01/2024 ao 13/03/2024  

 Convoca: Banco Santander, en colaboración con Upenn

Requisitos:
-Ter entre 18 e 30 anos (ambos os incluídos) no momento da solicitude.
-Residir en Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, España, Estados Unidos, México, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Uruguai.
-Ter un nivel mínimo de inglés intermedio baixo (normalmente equivalente a un B1). Os cursos están dirixidos unicamente a estudantes con niveis de B1 a C1.
-Poder estar en Estados Unidos durante a duración do programa, desde o 8 de xullo ata o 28 de xullo. Non será posible elixir as datas exactas de chegada ou saída.

Dotación:
-Voos de ida e volta. Estes sairán dun aeroporto principal do país do participante e chegarán ao aeroporto internacional de Filadelfia.
-Aloxamento en habitación nunha residencia universitaria durante toda a duración da bolsa.
-20 horas lectivas semanais. Desde intermedio baixo ata avanzado.
-Seguro médico.
-Plan de comidas básico para o comedor universitario.
-Certificado de asistencia ao finalizar o curso.
-Actividades socioculturais.
-Conferencias convidadas de profesores doutros departamentos de Penn.
-Carta de invitación da Universidade de Pennsylvania para a tramitación do visado se procede. É responsabilidade do participante realizar todos os trámites administrativos para a obtención do visado.

Data de celebración:Do 8 de xullo ao 28 de xullo de 2024

Máis información:
elp@sas.upenn.edu

Información da Bolsa