UVIGO – Bolsas ONCE-CRUE 2023-2024

UVIGO – BOLSAS ONCE-CRUE 2023-2024

A Universidade de Vigo convoca o programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE para o curso 2023/2024.

A finalidade do programa é facilitar o desenvolvemento de prácticas académicas externas dirixidas ao estudantado universitario con diversidade funcional para facilitar o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorar así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.

O período de prácticas terá unha duración de tres meses consecutivos e poderanse desenvolver desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas e ata o 31 de outubro de 2024. O horario das prácticas será de 25 horas semanais. 

Solicitudes:

-As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/12581

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 20 de marzo de 2024

-Descargar o referido formulario en liña e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través do apartado Instancia Xenérica (SXER): https://sede.uvigo.gal

Importante: Indicar no Asunto “Bolsa prácticas CRUE ONCE ”, e subir á sede electrónica unicamente o formulario en liña ( pdf).

-Deberán cubrir o formulario en liña na web https://becas.fundaciononce.es/paginas/becaspracticasoncecrue.aspx

Importante:é preciso facer a solicitude nos dous enlaces. 

Máis información:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

Edificio Exeria

As Lagoas – Marcosende

36310 Vigo

+34 986 814 094

bolsas@uvigo.gal