A Xunta de Goberno Local aprobou o programa de campamentos urbanos e actividades estivais que ofrece 3.478 prazas este verán para nenas e nenos nacidos entre 2005 e 2018. Son 1.110 prazas máis que o ano 2021, o que supón un incremento do 30%, co fin de “satisfacer toda a demanda existente”, tal e como explicou Abel Caballero.
- Inscricións ata o 3 de xuño.
- Sorteo 6 de xuño.
- 1ª adxudicación 6 de xuño.
- 2ª adxudicación 14 de xuño.
O número resultante do sorteo é o 1721, que será o número de corte dende o que se comecen a adxudicar as prazas.
Toda a información e inscricións na web veran.xuventudevigo.org