VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil

Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Categoría Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Para esta categoría permítese que, incluída no límite de 12 compoñentes, participe unha persoa que supere o límite de idade, que non poderá ser a voz solista, e sempre que o grupo sexa de máis de 2 membros.

Categoría Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
dentro do límite de 12 participantes, permítese un número indeterminado de excepcións ao límite de idade inferior, sempre que este número non chegue ao 50% de membros totais do grupo.

Premios:
1º clasificado na categoría infantil:
– Gravación da maqueta en estudio profesional.
– Gravación dun videoclip da canción gañadora
– Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1500 €.

1º clasificado na categoría xuvenil:
– Gravación da maqueta en estudio profesional.
– Participación no programa formativo que se explica no anexo.
– Gravación dun videoclip da canción realizada no programa formativo.
– Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1500 €.

2º clasificado en ambas as categorías:
– Gravación da maqueta en estudio profesional
– Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1000 €.

3º clasificado en ambas as categorías:
– Gravación da maqueta en estudio profesional
– Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500 €.

prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o 15 de marzo de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 14 de decembro de 2022 e en www.querocantar.gal