Vigo Cultura febreiro-abril

Espectáculos de maxia, teatro, malabares, circo, danza, monicreques e para bebés.

NORMAS ESPECIAIS COVID-19
Debido a situación actual provocada pola pandemia
orixinada polo COVID-19, en calquera momento
poderán modificarse as normas de organización e
acceso ao recinto, así como os horarios, segundo as
indicacións sanitarias de cada momento. No propio
auditorio indicaranse as medidas especiais como uso
de máscara obrigatoria, circuítos de entrada e saída
diferenciados, dispensadores de xel hidroalcohólico,
distanciamento de seguridade ou calquera outra
medida que sexa imposta para garantir a seguridade
do público e do persoal que traballa no recinto.
Ademais poderán establecerse quendas de entrada
segundo a localización das localidades, coa suficiente
antelación que permita o acomodo do público co
tempo necesario para que os espectáculos poidan
comezar segundo o previsto.

+Info: FOLLETO VIGOCULTURA