Vigo en Inglés 2024

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este luns as bases para solicitar as becas de inglés. O prazo para solicitar unha praza permanecerá aberto dúas semanas: do 8 ao 19 de abril.

O Concello destinará 2.950.000 en 2024, e outros 2.950.000 en 2025 á formación en inglés. “Case seis millóns en dous anos” para bolsas de inglés, recalcou o alcalde.

O rexedor lembrou que entre os requisitos para reclamar unha praza atópanse, ademais de cursar terceiro da ESO, contar cunha nota mínima de 7 en inglés, e estar empadroado en Vigo.

Cada bolsa inclúe a matrícula do curso intensivo de inglés, de tres semanas de duración, tanto no Reino Unido como en Irlanda, a viaxe, pensión completa de alimentos, seguro, un monitor por cada 20 alumnos, lecer, aloxamento en familias de fala inglesa e gastos de transporte.

+Info: https://www.vigoeningles.org/