Vigo Open 2020 de Padel

Abel Caballero deu conta da modificación do convenio coa Deputación para organizar en Vigo en novembro o Vigo Open 2020- World Padel Tour, un evento previsto para o mes de marzo e que tivo que ser aprazado pola pandemia. Finalmente, a competición desenvolverase no Pavillón de As Travesas entre o 15 e o 22 do mes que vén, coa participación de 300 deportistas, dos que o 40% son mulleres.

Vigo volverá ser o epicentro do padel, con accións de comunicación e difusión que permitirán gozar deste deporte aínda que as circunstancias sanitarias no permitan a presenza de público nas gradas. Os partidos máis importantes serán retransmitidos en Gol TV y e todos poderán seguirse a través de internet. Na edición do ano pasado, o canal de Youtube, con máis de 266.000 espectadores, superou en suscritores a outras competicións de ámbito internacional.