Vigo pola inserción laboral

O proxecto “Vigo pola inserción laboral” ten como finalidade realizar itinerarios integrados e personalizados de contido formativo, dirixidos á inserción das persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables.
Os destinatarios dos itinerarios formativos serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, empadroadas no concello de Vigo e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos vulnerables:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Xóvenes menores de 30 anos non atendidos polo “Programa Operativo de
    Emprego Juvenil” (POEJ)
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Persoas con discapacidade.
  • Inmigrantes.
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas.

Outros colectivos desfavorecidos como : participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos o seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico; orientación sexual e identidade de xénero;
solicitantes de asilo; persoas con problemas de adición; persoas reclusas e ex-reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar:

Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais. O proxecto consiste en 8 itinerarios formativos diferentes, todos eles co próposito da obtención do certificado de profesionalidade correspondente:

  • Actividades auxiliares de comercio ( COMT0211): actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda e reparto. 270 horas. Nivel 1.
  • Operacións básicas de catering (HOTR0308) ): montaxe xéneros, elaboracións culinarias envasadas, menaxe, utillaxe. 250 horas. Nivel 1.
  • Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS02208): atención de persoas dependentes no ámbito socio-sanitario. 450 horas. Nivel 2.
  • Actividades de Venda (COMV0108): de produtos e/ou servizos. Nivel 2. 590 horas.
  • Organización e xestión de almacéns (COML0210): organizar e controlar as operacións e fluxos de mercancías de almacén. 390 horas. Nivel 3.
  • Operacións básicas de cocina (HOTR0108): pre-elaborar alimentos, preparar e presentar elaboracións culinarias; manipulación, preparación e conservación de alimentos. 350 horas. Nivel 1.
  • Actividades de Xestión do pequeno comercio ( COMT0112): implantar e dirixir un pequeno comercio o tenda independente. 530 horas. Nivel 2.
  • Soldadura oxigás e soldadura MIG/MG (FMEC0210). 600 horas. Nivel 2.


No marco do proxecto facilitarse unha axuda económica as persoas participantes nos itinerarios formativos que cubrirán os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación do coidado dos familiares. Todos eles deben de reunir unha serie de requisitos que serán valorados polo persoal de selección
conforme as bases reguladores do POEFE, sendo o mínimo, carecer de rendas ou ingresos, de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM.


O comezo destes itinerarios formativos está previsto para xaneiro de 2020.


Máis información: Telefónica: 986 810 232 ou no 010
Correo electrónico: ofi.emprego@vigo.org
Presencial: Concello de Vigo-Servizo de emprego. Praza do Rei, 1-4ª