Vigocultura setembro-novembro 2021

VENDA DE ENTRADAS
ENTRADAS SOLTAS
As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente (sen gastos de xestión,
ao mesmo prezo que no despacho de billetes).


• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado,
de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no
despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).


Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida en cadeiras de rodas
e 4 ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas
se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas
(butaca ao carón do espazo destinado a cadeiras de rodas).


As entradas adquiridas destinadas a mobilidade reducida sen cumprir estas carácterísticas
poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.


Co obxecto de fomentar a asistencia ao teatro da mocidade, o público entre 12 e 18 anos
poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas
anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control
de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).


· Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a
programación combinados como queiras e goza dun
10 % de desconto sobre o prezo total.
· Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a
programación combinados como queiras e goza

+Info: PROGRAMACIÓN VIGOCULTURA