Vigolandia 2022

O alcalde presentou rolda de prensa a nova edición de Vigolandia xunto ao xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, recomendando a tódalas nenas e nenos que “non perdan” esta oferta de ocio e diversión que “sempre foi extraordinaria e este ano vai ser excepcional”.

Entre as actividades que se ofrecerán aos asistentes hai inchables de grandes dimensións: unha pista de obstáculos de 150 metros de longo ou unha ponte tibetana de 50 metros unida a unha gran tirolona de 53 metros. Ademais haberá obradoiro de minichefs, xogos de mesa (xadrez, damas, dominou, parchís…), futbito, baloncesto e bádminton, animación e maquillaxe, karaoke, obradoiro de manualidades ou un parque infantil de educación viaria da Policía Local. Outra das citas clásicas de Vigolandia é o Certame de Pintura co lema “As luces de Vigo en Nadal”, un clásico nos colexios de Vigo que contará coa participación de case de 50 centros educativos.

Vigolandia 2022 celébrase no Ifevi desde o 26 ao 30 de decembro con horario de apertura desde as 12 da mañá ata as 20 horas da tarde, agás o 26 de decembro que abre entre as 16 e as 20 horas. A entrada custa 6 euros. Contará cun punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros