VII Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”

Afaga Alzheimer convoca o certame de relatos curtos sobre Alzheimer e outras demencias “Nun recuncho da Memoria”. Nesta sétima edición poden presentar os seus traballos os coidadores, familiares e toda persoa maior de 16 anos, sensibilizada con esta doenza ou que lle apeteza escribir e atope no envellecemento ou as enfermidades neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Nesta ocasión, debido á especial situación na que nos atopamos, a temática é: “O confinamento e a superación persoal”. A enfermidade de Alzheimer ou outras demencias considerados como patoloxías que illan a quen as padece e ás súas relacións sociais-familiares e como a superación persoal é fundamental para sobrepoñerse fronte ás adversidades da vida, principalmente no contexto social de crise actual.

Establécense dúas categorías, cada unha delas premiará a mellor obra escrita en cada un dos dous idiomas admitidos, castelán e galego, non podendo concorrer unha obra a ambas as categorías por medio da súa remisión en ambos os idiomas.

A extensión dos orixinais será dun máximo de tres folios (1000 palabras) e un mínimo dun folio e medio (500 palabras), a unha cara en tamaño DIN A-4, en letra Arial, tamaño 12 e interlineado de 1,5 liñas. Ademais, levará unha portada onde aparecerá o título da obra e o pseudónimo do autor ou autora, se o houbese, non é indispensable.

Ademais, nun documento anexo, poñerase de novo o título da obra seguido da palabra “Datos”, o pseudónimo do autor, en caso de habelo, e o nome e apelidos, así como a súa dirección completa, número de teléfono e copia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte (pode ser unha imaxe escaneada ou fotocopia).

As obras presentaranse de forma dixital (en liña). Só se pode presentar un traballo por autor. Os traballos poderán enviarse por correo electrónico a comunicacion@afaga.com ata o luns 17 de maio de 2021.

Os resultados daranse a coñecer o martes 15 de xuño de 2021 a través dos distintos medios de comunicación de Afaga Alzheimer: Sitio web, Facebook, Twitter e Instagram.

Requisitos
Poderán participar neste concurso todas as persoas maiores de 16 anos, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou en galego.

Dotación
Premiarase ao mellor relato de cada unha das categorías (castelán e galego), consistindo o premio nunha tablet, un Smartwatch ou un eBook (o gañador escollerá un das tres opcións) para cada unha das categorías.

Máis información: https://afaga.com/es/afaga-alzheimer-hace-apertura-de-la-vii-edicion-de-su-concurso-anual-de-relatos-cortos-en-un-rincon-de-la-memoria/