VII Premio de fotografía Jalón Ángel

O Arquivo Fotográfico Jalón Angel organiza o VII Premio Internacional de Fotografía.

Poderá participar calquera autor/a maior de idade cunha fotografía orixinal que non fose premiada noutro concurso ou premio no ano 2020 e ata o 16 de maio de 2021.

Un mesmo autor/a poderá presentar un máximo dunha fotografía por categoría.
 
Os traballos deberán pertencer a algún dos seguintes xéneros:
1. Retrato: espontáneo ou pousado, o protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo).
2. Viaxes: fotografías que mostren as particularidades culturais e as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento único ou principal).
3. Consecuencias da covid-19: Esta categoría quere reflectir as consecuencias humanas e sociais que causou a pandemia mundial ocasionada pola covid-19.
 
As obras a concurso cumprirán as seguintes características:
a. Poderase realizar por calquera procedemento fotográfico.
b. Enviarase en formato dixital. É necesario que a fotografía orixinal teña os seguintes requisitos . jpg, 300 píxeles por polgada e de tamaño mínimo de lado curto 30 cm ou 3500  ppp.
c. Poderán ser en branco e negro ou en cor.
d. O retoque tanto químico como dixital será mínimo (iluminación, contraste, balance de cor) e non desvirtuará a toma orixinal. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.
 
As fotografías non terán ningún elemento (firma,  logo, iniciais, marcos, gráficos…) que poidan servir para identificar o autor da imaxe. Se non se cumpre este requisito dita fotografía quedará descartada para o premio.
 
Para participar deberase acceder a través da seguinte ligazón http://www.jalonangel.com/premio/ e completar a ficha correspondente.
 
O prazo para a recepción das obras será o domingo 16 de maio de 2021 ata as 23.59 horas (hora española na península).
 
As persoas gañadoras dos premios, así como a data do acto oficial de entrega destes, daranse a coñecer o día 29 de xuño de 2021 a través da web do Arquivo Jalón Angel (http://www.jalonangel.com) e das súas redes sociais.

https://jalonangel.com/premio