VIII Concurso de Fotografía Reservas da Biosfera

A VIII Edición do Concurso de Fotografía ten como fío condutor nesta edición do 2025 o patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, coa finalidade de poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico material representativo do aproveitamento sostible dos recursos naturais destas Reservas da Biosfera.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade. Deberase presentar unha única fotografía por solicitante.

As fotografías presentadas deben terse tomado nos territorios das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, tendo como temática o patrimonio etnográfico material destas dúas Reservas da Biosfera.

A temática inclúe, entre outros bens, hórreos, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas e outras construcións tradicionais, que constitúen a pegada dos nosos devanceiros e o seu bo facer á hora de aproveitar os recursos dun xeito sostible sen comprometer á súa persistencia ou esgotamento.

Premios
1º Premio: 800 euros
2º Premio: 500 euros
3º Premio: 300 euros

O prazo de presentación de solicitudes e fotografías estará aberto ata o 20 de febreiro de 2025. (Publicouse unha ampliación de prazo no BOP de Lugo do 24 de xaneiro de 2025)

As solicitudes xunto coas fotografías presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou remitiránse por correo postal certificado a:

Deputación Provincial de Lugo
Rexistro Xeral
Concurso de fotografía das Reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses
Praza San Marcos 8
27001 Lugo

No caso de presentar a solicitude de participación nun rexistro distinto ao da Deputación Provincial de Lugo, deberá remitirse na mesma data da presentación un correo electrónico ao enderezo und.medioambiente@deputacionlugo.org no que se achegue o xustificante da presentación da solicitude no rexistro correspondente.

Fotografías gañadoras da edición de 2024

Máis información: http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/concursofotografiaRRBB