VIII Concurso de Microrrelatos Científicos

Coincidindo co Día Mundial da Ciencia, a Fundación Aquae convoca O VIII Concurso de Microrrelatos Científicos. Bastan 100 palabras para poder participar.

Podemos considerar o microrrelato como unha versión moderna do conto breve de outrora, tan importante na transmisión oral en moitas culturas e tradicións, e como tal, en Fundación Aquae queren potencialo e reivindicalo.

A temática do concurso será a ciencia en calquera das súas vertentes (innovación, progreso, sustentabilidade, auga, novas tecnoloxías…etc).

Os textos deberán estar escritos en español.
Cada persoa pode participar cun máximo de 3 microrrelatos.
Os relatos non poderán superar as 100 palabras.
Os textos serán orixinais, inéditos en todos os medios.
Enviaranse exclusivamente enchendo o formulario que se atopa na páxina web da Fundación Aquae.
O prazo de recepción de microrrelatos estará aberto ata o 1 de novembro, ás 12:00 horas.

Poderá participar todo aquel que teña algo que contar desde un punto de vista científico, xa sexa para poñer o acento no lado máis humano dos científicos ou como unha forma nova de divulgación da ciencia.

En caso de ser menor de idade deberá enviar mediante correo electrónico a autorización asinada.

Dotación
Primeiro premio de 500 euros para o mellor relato, que será elixido por un xurado de expertos seleccionado pola Fundación Aquae.
Segundo premio de 250 euros, que será elixido polo xurado entre os 50 relatos máis votados a través da páxina web de Fundación Aquae.

BASES