VIII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste

VIII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo
Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos. O concurso
pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co
fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos,etnográficos e antropolóxicos.
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:

  • Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller
    certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
  • Técnico: valoraranse aspectos asociados á técnica desta arte.
  • Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de
    documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento

+Info: BASES DO CONCURSO