Voluntariado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que o Concello de Vigo puxo en marcha o proxecto de accións de Voluntariado Mediambiental con tres accións diferenciadas.

O plan de Medio Ambiente que chegará ata o 30 de xullo e que durante os martes, mércores, xoves ou sábados estará adicado á iniciativas de limpeza de montes e mantemento de Sendeiros Azuis da cidade coa participación de ata 25 persoas.

O programa de acompañamento de cans, que durará ata o 30 de setembro e que todos os mércores pola mañá terá como obxectivo a actividade de voluntariado de ata 15 persoas en colaboración coa Caneira Municipal.

+Info: Teléfono de información do Concello de Vigo 010 (986 810 260 dende móbiles).