X Certame GastroUNED: Literatura e Gastronomía

A UNED convoca GastroUNED para lembrar a un grande da literatura universal, facéndolle unha homenaxe gastronómica a Alejandro Dumas dado que era un namorado da gastronomía.
A receita enviada a concurso ha de estar relacionada con calquera obra de Alejandro Dumas; é dicir, coa época, o espazo, os personaxes ou calquera outra circunstancia relacionada coa obra elixida polo participante.

Valorarase que a receita sexa nova e orixinal, de carácter persoal. Deberá estar elaborada con produtos que se atopen habitualmente no mercado.

Só se admitiran arquivos en Word.
O  prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2023.

As receitas enviaranse á seguinte dirección electrónica: lacocinadelauned@adm.uned.es

Concederanse dous premios.
O primeiro, de 300 euros.
O segundo consistirá nun lote de produtos de María Zarzalejos cátering, de La Antigua de Fuentesaúco, Galmesano, Montesquius, Aceites Valderrama, Adegas Comenge, Alianza Editorial…

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/28220