Xeración igualdade, imaxínao!!

ONU Mulleres e Cartooning for Peace, convocan un concurso mundial de cómics e debuxos para conmemorar o 25 aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing, que establece como eliminar as barreiras sistémicas que impiden que as mulleres participen equitativamente en todos os ámbitos da vida. A Declaración e Plataforma de Acción de Beijing é unha axenda visionaria para o empoderamento das mulleres e as nenas en todas partes.

Para conmemorar este aniversario, ONU Mulleres lanzou a campaña multigeneracional, “Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres e un futuro igualitario”, e convoca en 2021 a unha reunión mundial para a igualdade de xénero, o Foro Xeración Igualdade, copresidido polos gobernos de México e Francia, co liderado e a asociación da sociedade civil. O Foro comezará na Cidade de México, México, a finais de marzo de 2021 e culminará en París, Francia, a principios de xuño 2021.

Requisitos para concursar
– Ter entre 18 e 28 anos.
– Crer na igualdade de xénero e na realización dos dereitos das mulleres para un futuro igualitario.
– Desexar expresar a túa visión dunha xeración con igualdade de xénero nun debuxo ou ilustración.
– Libera o poder da túa creatividade e IMAXÍNAO!

Os e as gañadoras dos premios do concurso terán a oportunidade de asistir á apertura virtual do Foro en París, e estarán entre as e os creadores de cambios desta xeración, incluída a sociedade civil, organizacións internacionais, gobernos, empresas, cidades, parlamentos, sindicatos, medios de comunicación e máis. Ademais, organizarase unha exposición dos debuxos das e os finalistas durante o Foro Xeración Igualdade en París (exposición virtual ou in situ, segundo a situación).

Os premios serán:
1º premio: 1200 euros
2º premio: 750 euros
3º premio: 500 euros
Ademais, os e as gañadoras verán os seus traballos presentados en varias plataformas, como o sitio web de Cartooning for Peace, pero tamén nos sitios doutros asociados oficiais e as súas respectivas redes de medios de comunicación social.

prazo para presentar debuxos estará aberto ata o 14 de marzo de 2021.

BASES