XI Concurso de Fotografía“Herdeiros da tradición”

XI convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de
Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso
pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de
destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.
As fotografías a concurso serán valorada atendendo, principalmente, a tres criterios:

  • Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos
    que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
  • Técnico: valoraranse aspectos asociados á técnica desta arte.
  • Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico
    como forma de recoller e difundir coñecemento.

+Info: MUSEO LISTE