XIII Concurso Novos Talentos de Relato Curto

A Fundación Coca-Cola e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o XIII Concurso Novos Talentos de Relato Curto.

O certame busca promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura en lingua galega entre o alumnado de 2º da ESO. No entanto, tamén quere ser unha oportunidade para darlles visibilidade social ás novas promesas da literatura galega.

A proba realizarase de forma dixital o día 10 de marzo de 2022; o prazo límite de inscrición é o 14 de febreiro de 2022.

Por outra parte, como na pasada edición, os centros participantes poden ser os artífices do estímulo creativo do concurso, a partir da redacción dun escrito colaborativo, un microrrelato que se publicará na plataforma https://www.plataformajovenestalentos.com. A participación nesta fase é voluntaria e non supón ningún prexuízo ou beneficio á hora de elixir os relatos gañadores e os centros poderánse inscribir nela ata o 21 de xaneiro de 2022.

Consulta as bases