XIV Premio de ensaio Manuel Murguía en lingua galega e en lingua castelá.
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten ensaios en lingua galega sobre Galicia, ou relacionados con ela, inéditos e non premiados en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
Os traballos farán referencia a calquera aspecto de Galicia (lingua, cultura, sociedade, economía, historia, pensamento…).
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XII Premio de ensaio “Manuel Murguía,de Ensaio”, título da obra e lema o pseudónimo
O tratamiento de texto será Word, OpenOffice, PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademáis deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada achegada dun sobre aparte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo do seu autor; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2023 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/