XIV Premio Literario de Cartas de Amor

O Concello de  Torrelavega convoca o XIV Premio Literario de Cartas de amor.

Poderán concorrer a este Certame todas as persoas que o desexen, independentemente da súa idade e lugar de residencia.

Admitirase unicamente unha carta por participante. Non se aceptarán traballos xa premiados en certames similares.

O tema das cartas será o amor en calquera das súas variantes. É válido tanto escribir sobre o amor como sobre o desamor.

As cartas non poderán ter máis de 700 palabras (se se utiliza o computador para escribilas, pódense contar empregando o procesador de textos  Word: abrir o menú denominado “Ferramentas”, e abrir despois a sección “Contar palabras”)

prazo de recepción de orixinais estrá aberto ata ás 14 horas do día 9 de abril de 2021.

As cartas deberán dirixirse á Sala de Exposicións Mauro Muriedas, na rúa Pedro Alonso Revolta nº 5, 39300 de  Torrelavega. No exterior do sobre indicarase claramente “Premio de Cartas de Amor Ciudad de Torrelavega”.

Os orixinais, que haberán de presentarse en tres exemplares mecanografados, terán que remitirse sen nome do autor e acompañados dunha plica ou sobre pechado na que se indique no seu parte exterior o título xeral con que se presentan. No interior da plica consignarase o nome do autor, a súa dirección postal e número de teléfono.

Premio
Concederase un único premio de 1.000 euros. Concederanse dous accesits honoríficos, sen premio en metálico, se así o estima oportuno o xurado.

BASES