XIX Certame Universitario “Arquímedes”, de Introdución á Investigación Científica

O Ministerio de Educación convoca os premios do XIX Certame Universitario “Arquímedes”, de Introdución á Investigación Científica.

Poden participar estudantes que acrediten estar matriculados durante o curso 2020-2021 de estudos oficiais de grao ou máster en universidades españolas.

Hanse de achegar os seguintes documentos:
– Un traballo orixinal de investigación en formato Pdf, que se resumirá nun artigo científico.
– Currículo do titor ou titores, se o traballo foi tutelado.
– Declaración responsable sobre a autoría do traballo, que ha de ir asinada polos autores ou polos titores, en caso de ser tutelado.
– Certificado persoal do expediente académico do autor ou autores do traballo, no que consten as cualificacións obtidas en todos os cursos académicos ata o 2020-2021 e a nota media en base 10.
– Certificado de matriculación en centro universitario español durante o curso 2020-2021, de todos e cada un dos autores participantes no certame.

Premios:
– Un premio especial “Arquímedes” do Xurado, dotado con 8.000 euros, ao mellor traballo que destaque polo seu impacto científico, tecnolóxico ou social en calquera das áreas.
– Un premio especial de 6.000 euros, ao mellor traballo de investigación na área da economía, conmemorativo do Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible 2021 (ONU)
– Catro primeiros premios de 6.000 euros cada un
– Catro segundos premios de 4.000 euros cada un
– Catro accésits plus de 3.000 euros cada un
– Once accésits de 2.000 euros cada un
– Premio ao mellor traballo de investigación sobre o cancro, dotado pola Fundación “Vencer o cancro”, consistente en tres premios en metálico, un de 1000 euros ao mellor traballo de investigación sobre o cancro e dous accésits de 500 euros
– Tres premios para realizar estancias de dúas semanas de duración en centros de investigación do CSIC
– 6 premios de 2.000 euros aos profesores universitarios que haxan tutorizado cada un dos traballos galardoados cos catro primeiros premios e os dous premios especiais

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de novembro de 2021.
Máis información no BOE do 20 de outubro de 2021 e en
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/premios/universitarios/certamen-universitario-arquimedes.html