XIX Concurso de relato oral ‘Tíralle da Lingua’

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado!

+Info: BASES DO CONCURSO