Xogade

A Secretaría xeral para o Deporte convoca o programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2022/23.

Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPAS, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas escolares, asociacións, etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións do programa para a tempada 2022/23 son:
– Actividade deportiva escolar.
– Actividade deportiva federada-seguro deportivo 6 a 16.
– Coñece o meu club.
– Xogando coa auga e co vento.
– Xogos tradicionais e populares.
– Actividades de promoción.

Máis información no DOG do 21 de setembro de 2022 e en https://xogade.xunta.gal