XVI Premio de banda deseñada “Castelao”

A Deputación da Coruña convoca o XVI Premio de banda deseñada “Castelao”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras (unha como guionista e outra como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Modalidade Xeral:  Para todo tipo de lectores
b) Modalidade LIX:  Especialmente dirixido ao lector infantil

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

Poderán presentarse indistintamente:
– Proxectos, que consistirán en un dossier con un mínimo de 16 páxinas rematadas, tamaño A4, formato PDF, e unha sinopse detallada do contido da obra completa, con unha extensión máxima de tres páxinas.
– Obras completas, tanto en guión coma en debuxo, en cuxo caso deberán ser orixinais, inéditas e non publicadas, na súa totalidade ou parcialmente.
En todo caso, a extensión da obra finalizada terá un mínimo de 48 páxinas.

A presentación farase en formato dixital, por medio dun USB/CD que incluirá na carátula a seguinte inscrición: XVI Premio “Castelao” de banda deseñada, a categoría na que se presenta, o título da obra/proxecto ou o seu lema.

prazo de presentación das obras estará aberto ata o 30 de abril de 2021.
Máis información no BOP da Coruña do 4 de marzo  de 2021 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/