XVII edición das Bolsas Europa

A Universidade Francisco de Vitoria e Banco Santander convocan a XVII edición das Bolsas Europa, creado co fin de potenciar e recoñecer o talento da xente nova.
 
Seleccionarase aos 50 mellores alumnos preuniversitarios de España para compartir con eles unha viaxe de 20 días ao redor de Europa, visitando as principais universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades do mundo académico, político e cultural e participando en actividades culturais e de lecer.

Requisitos:
Alumnado matriculado en 1º de Bacharelato nun centro escolar de España. Entre as calidades que se buscan para ser elixido/a é a capacidade de relacionarse coa contorna, a intelixencia e a excelencia.

Proceso de selección:
– A primeira fase de selección consiste nun formulario que o candidato deberá cumprimentar ao realizar a inscrición.
– A segunda fase de selección terá lugar en xuño de 2021. Nela participarán os 800 seleccionados da etapa anterior. Esta proba consistirá na presentación dunha montaxe audiovisual sobre un tema concreto proposto pola organización.
– En novembro de 2021 terá lugar a terceira fase de selección. Os 400 candidatos que superen a fase anterior participan nunha proba en liña.
– Tras os días de convivencia na Universidade, traballo en equipo, conferencias e reflexións, a organización seleccionará ás 50 Bolsas Europa que realizarán o programa en xullo de 2022.

data límite para o envío das candidaturas é o 17 de marzo de 2021

+Info: BECAS EUROPA