XVII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

XVII Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e
que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

O premio é único e indivisible, dotado con 6.500 €.

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.
As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e xunto coa plica serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XVII Premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil.

O prazo de presentación das obras estará aberto ata o 28 de abril de 2023.

Máis información no BOP da Coruña do 2 de marzo de 2023 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/