XXI Premio de Poesía Afundación

A Fundación Abanca convoca o XXI Premio de Poesía Afundación

Poderán participar persoas de calquera nacionalidade, maiores de idade e que non fosen premiadas cun Premio de Afundación nos últimos 5 anos.

As obras  deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos.

Os orixinais deben de se presentar por quintuplicado, mecanografados e baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autoría, fotocopia do DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e breve CV.

Os traballos deben de se enviar por correo postal ou empresa mensaxeira a: 

Sede Afundación Vigo Rúa Policarpo Sanz, 26, 36202 – Vigo Indicarase XXI Premio de Poesía Afundación no sobre.

Prazo: ata o 31 de xullo de 2023

Premio: Único premio de 6.000€

https://www.afundacion.org/es/cultura/premios#section-premio-de-poesia-afundacion