XXII Convocatoria Internacional de Axudas á Creación, Fundación Antonio Gala

A Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores fai pública a XXII Convocatoria Internacional de Axudas á Creación, cuxa finalidade é apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades. O obxectivo é facilitar á mocidade de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, fotografía, arquitectura…), o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso académico 2023-2024.

As prazas convocadas son 18. A Fundación convoca unha praza extraordinaria adicional para o mesmo período e condicións, destinada a un investigador que propoña un proxecto sobre algún aspecto concreto da obra e figura de Antonio Gala.

O prazo de envío das solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2023.

Requisitos
Creadores/as e investigadores/as de calquera nacionalidade, co requisito imprescindible de falar español e ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive, o último día do prazo desta convocatoria.

Dotación
Estancia na sede da Fundación (Córdoba, España) de outubro do 2023 ata maio de 2024, coa excepción de dúas semanas durante o período do Nadal (decembro-xaneiro) e os festivos da Semana Santa, dado que permanecerá pechada.
Aloxamento e manutención, así como material e espazos necesarios para que os residentes poidan desenvolver o seu labor creativo.

Máis Información
Páxina web
Bases da Convocatoria
info@fundacionantoniogala.org 
Tlf.: 957487395