XXVIII Certame de cantautores

A Deputación de Burgos convoca a 28ª edición do Certame de Cantautores co fin de apoiar aos novos artistas que inician a súa andaina no mundo da música.

Poderán participar neste Certame mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, ambas inclusive a data do 31 de decembro de 2023.

prazo de admisión estará aberto ata o día 20 de febreiro de 2023.

Cada participante poderá presentar e interpretar unha soa composición propia, cuxo título, letra e música, han de ser orixinais e en idioma castelán.

Á composición daráselle un título, que será o nome do arquivo mp3.

A presentación das cancións e documentos realizarase por e-mail, en arquivos adxuntos a: cantautores@diputaciondeburgos.es, segundo a seguinte relación:
– A canción presentarase en formato mp3, o arquivo chamarase como o título da canción.
– Breve biografía artística.
– Letra da canción.
– A partitura da composición (serve a letra cos acordes das notas).
– O boletín de solicitude de participación debidamente asinado.
– Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento equivalente.

A gravación da canción obrigatoriamente será fiel á representación de como será interpretada en directo, no Concerto.

Tras unha fase previa de selección mediante a audición das cancións presentadas ao Certame, o fallo final do xurado emitirase nun concerto en directo, comunicando aos/as finalistas, no seu momento, lugar, data e hora de celebración. Se algún/a participante renuncia por calquera circunstancia, será eliminado/a e pasarase a convocar ao/á seguinte participante por orde de prelación na clasificación previa.

As seis cancións premiadas e as seis cancións de libre elección serán gravadas por streaming en Youtube, mediante a gravación do concerto en directo, que se completará cun total de 12 cancións.

Premios:
1.500 euros, primeiro premio.
1.200 euros, segundo premio.
900 euros, terceiro premio.
600 euros, cuarto premio.
450 euros, quinto premio.
300 euros, sexto premio.