XXXV Premio de narrativa Torrente Ballester

XXXV Premio de narrativa Torrente Ballester en lingua galega e en lingua castelá.

Poderán optar ao premio todas aquelas persoas, que non o obtiveron nos cinco anos anteriores a este e que presenten obras inéditas, escritas en lingua galega ou en lingua castelá e non premiadas con anterioridade.

As obras serán de tema e extensión libres, poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos.
Premio para a obra en galego: 15.000 €
Premio para a obra en castelán: 15.000 €

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 15 de maio de 2023.
Máis información no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 2023 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/