YoEmprendo Galicia

A Rede Española de Entidades polo emprego Rede Araña convoca o programa “YoEmprendo Galicia” diríxese a mozos e mozas que queiran iniciar o seu propio “Itinerario de Emprendemento”. É un programa de emprego e autoemprego para mocidade menor de 30 anos das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxectivo é axudarlles a conseguir a súa inserción laboral a través da mellora das súas competencias persoais e profesionais. Para conseguir este obxectivo, ofrecen asistencia personalizada e formación individualizada para cada un dos participantes.

O Programa YoEmprendo, pon á súa disposición un gran equipo de persoas titoras e mentoras para lograr o gran desafío de conseguir a súa plena integración no mercado laboral e/ou crear a súa empresa ou poñer en marcha a súa idea de negocio.

Período de inscrición: ata o 1 de novembro de 2022.

Requisitos
– Ser menor de 30 anos.
– Estar rexistrado en Garantía Xuvenil ou estar en situación de desemprego.
– Residir nas provincias de Ourense ou Pontevedra.

Para inscribirse ou solicitar máis información do proxecto: teléfono 988 391 515

Correo electrónico: yoemprendogalicia@empleoenred.org