Youth4Climate

Youth4Climate: Driving Ambition desenvolverase do 28 ao 30 de setembro en Milán.

Neste evento participarán mozos e mozas de todas as partes do mundo para abordar un dos grandes retos da humanidade no século XXI: o cambio climático. Neste evento abriranse debates, formaranse grupos de traballo e estableceranse foros de diálogo xuvenil. O resultado transformarase nunha Declaración final que se presentará no evento PreCOP26.

Se es unha persoa de entre 15 e 29 anos, estás involucrado en activismo con temas de cambio climático e desenvolvemento sostible e tes iniciativa, podes presentarte á convocatoria ata o 28 de febreiro a través deste formulario.

O cuestionario de selección consta de seis preguntas, tanto abertas como pechadas; para a avaliación das respostas abertas creouse unha táboa de avaliación especial.

Ademais de organizar o evento, Italia apoiará enteiramente os custos de participación dos mozos participantes (viaxe e aloxamento).

https://www.un.org/youthenvoy/youth4climate-driving-ambition/