Youtubeir@s 2020

Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.

Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios vídeos e/ou cunha canle.

– Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición do vídeo.
– No caso de presentar unha canle, esta ten que conter cando menos 5 vídeos realizados con data posterior ao 27 de setembro de 2019, estar en galego e ter na descrición os cancelos #youtubeiras #youtubeiros, sen restricións de privacidade.
– Os vídeos individuais que sexan presentados a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego.
– As canles de Youtube presentadas deben ter a maioría dos vídeos en galego.
– Os títulos dos vídeos, as descricións e os subtítulos permanentes (de habelos) teñen que estar en galego.

+Info: YOUTUBEIR@S