🎚️ Obradoiro: Mestura de cancións “in the box” con Pro Tools
🎯 Organiza: Vigosónico
👩🏫 Imparte: Yolanda Anievas (subdirectora e coordinadora do Departamento de Son da EISV – Escuela de Imagen y Sonido de Vigo)
📅 Data: venres, 23 de xaneiro de 2026
🕕 Hora: 19:00 – 21:00
📖 Descrición:
Este obradoiro está dirixido a persoas interesadas en mellorar o acabado das súas producións musicais e descubrir as claves dunha mestura profesional “in the box”, realizada integramente en contorno dixital.
Da man de Yolanda Anievas, técnica de son e docente con ampla traxectoria, explorarás o proceso completo de mestura utilizando Pro Tools, o software estándar da industria musical.
🎧 Contidos da sesión:
• O equilibrio entre voces e instrumentos
• A creación de espazo e profundidade con ecualización, compresión e efectos
• O uso de referencias profesionais e técnicas de automatización
• Consellos prácticos para optimizar o fluxo de traballo e evitar erros comúns
👉 Un taller práctico e inspirador para comprender como transformar unha gravación nun tema co son e acabado profesionais.
2025-11-04

