2019 Verán Xove

O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2019, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

Tres grandes bloques de actividades compoñen a programación Verán Xove 2019:

  1. Campamentos urbanos para nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2015.
  2. Espazos de tempo libre infantil: espazos onde empregar o tempo de lecer realizando obradoiros, xogando, creando… e, sobre todo, divertíndose con amigos e amigas. Están dirixidos ao público infantil (ver idades para cada un dos espazos).
  3. Espazos de tempo libre xuvenil onde se desenvolven actividades dirixidas por e para o público xuvenil.

BLOQUE 1

CAMPAMENTOS URBANOS

Actividades destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2015. A oferta consiste en 14 campamentos que se desenvolven durante os meses de xullo e agosto, nun total de 43 quendas.

Os campamentos teñen temáticas tales como deportivos, náuticos, ecolóxicos en inglés, etc. As actividades teñen lugar polas mañás de 8 a 15 horas agás os campamentos de Vigozoo e a novidade de este ano, o campamento das Illas Cíes, que se realizan ao longo dunha semana e inclúe pernocta.

O total de prazas ofertadas é de 2731.

Gráfico 1 co número total de nenos e nenas agrupados por sexos e idades que solicitan praza no programa Verán Xove.

Gráfico 2 co estado das inscricións. O 87,6% faise electrónicamente facilitando así o procedemento á cidadanía.

BLOQUE 2

ESPAZOS DE TEMPO LIBRE INFANTIL

  • Casa da Xuventude (50 prazas/día): 1000 participantes no mes de xuño.
  • Ludoteca de integración (30 prazas/día): 1260 participantes meses xuño e xullo.
  • Pavillón de Coia (50 prazas/día): 1000 participantes no mes de xuño.
  • CEIP A Paz-Tintureira (30 prazas/día): 1260 participantes meses xuño e xullo.
  • A.VV. Lavadores (30 prazas/día): 1260 participantes meses xuño e xullo.

BLOQUE 3

ESPAZOS DE TEMPO LIBRE XUVENIL

  • Casa da Xuventude (programa Estar de Ocio): 1150 participantes durante os meses de maio e xuño.
  • Centro de usos múltiples Vigosónico: 3700 participantes de maio a xullo.
  • Obradoiros de música (Vigosónico): 45 participantes no mes de xuño.
  • Concertos sónicos de verán (Vigosónico): 200 participantes en xuño e xullo.
  • Másterclass baixo eléctrico (Vigosónico): 50 participantes en xullo.
  • Evento VimanGo (Vigosónico): 200 participantes en xullo.

Pode consultar no seguinte enlace o programa, xa rematado, VERÁN XOVE 2019.