2021 Verán Xove

Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2021, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

As actividades de Verán Xove 2021 van dirixidas aos nenos e nenas nados entre os anos 2004 e 2017 da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.

O total de prazas ofertadas é de 2437.

Pode consultar no seguinte enlace o programa, xa rematado, VERÁN XOVE 2021.

E neste enlace o PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN