2021 Campamentos de Nadal

Actividades: O Nadal é unha época especial e perfecta para o desenrolo de actividades lúdicas e de lecer dirixidas ao público infantil, que permitan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

A temática do Nadal estará presente nos campamentos a través de xogos e obradoiros nos que ademáis traballaranse valores como a igualdade, a educación medioambiental e o respecto as tradicións culturais propias desta época.

Horario: 7:45 a 15:15 h. de luns a venres. Aula matinal de 8:00 a 9:00h. Servizo friameira (levar comida da casa) de 14:00 a 15:00h.

Ano nacemento: 2009 – 2017

Prezo: GRATUÍTO

CAMPAMENTO E LUGARDATAS DE CELEBRACIÓN
COIA (Pavillón de Coia)Días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro de 2021 e 3, 4 e 5 de xaneiro de 2022
ROMIL (Pavillón de Romil)Días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro de 2021 e 3, 4 e 5 de xaneiro de 2022
TRAVESAS (Pavillón das Travesas)Días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro de 2021 e 3, 4 e 5 de xaneiro de 2022

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

Prazo de solicitudes: ata cubrir prazas.

Solicitantes: Serán solicitantes das actividades ofertadas nos Campamentos de Nadal do Concello de Vigo, o/a pai/nai/titor/titora. Cada solicitante pode incorporar na mesma solicitude un/unha ou máis fillos/as ou titorados/as.

Só poderá haber un/unha pai/nai/titor/titora solicitante por rapaz/rapaza, sendo excluídos do proceso no caso de que haxa máis dunha solicitude para un mesmo rapaz ou rapaza. Cada solicitante só poderá inscribir aos seus fillos/as, titorados/as.

Participantes: serán participantes nos Campamentos de Nadal do Concello de Vigo os rapaces e as rapazas de Vigo nados/as entre os anos 2009 e 2017.

Rexistro de solicitantes: As prazas para a participación no programa serán outorgadas por ORDE DE INSCRICIÓN. Para poder realizar as solicitudes de prazas nos Campamentos de nadal do Concello de Vigo é preciso previamente darse de alta como solicitante, inscribir ás/ós menores e solicitar as actividades, na Área Privada da web https://www.xuventudevigo.org/


Solicitude telemática. Na Área Privada da web, cada solicitante pode introducir os datos de un/unha ou máis participantes para os/as que se solicita praza, indicando a preferencia de actividade. Estes datos poderanse modificar ata o momento no que se peche o proceso de “Rexistro de solicitantes e solicitude telemática”, sendo válida unicamente a última modificación efectuada.

Anularánse as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos, así como aquelas que no momento da formalización da inscrición da praza non concorde co reflectido na solicitude.

Solicitude múltiple. Unha mesma persoa poderá solicitar praza para máis de un/unha fillo/a ou titorado/a, coas mesmas ou distintas preferencias, sendo cada solicitude tratada unha a continuación da outra no proceso de adxudicación.

As institucións que realicen acollemento residencial de menores en situación de tutela ou garda administrativa asimilaranse como caso de solicitude múltiple.

Seguimento da solicitude. Deberase visualizar o estado da solicitude de cada participante na área privada. Os estados posibles son: “ADXUDICADA” (unha vez adxudicada pero sen pechar o proceso de formalización da praza); “PRAZA FORMALIZADA” (unha vez adxudicada e formalizada a praza), “BAIXA” (por ter sido excluído, por renunciar, por non ter formalizado a praza ou por non ter atendido á corrección de erros) ou “RESERVA” (os/as participantes que se anotan cando as prazas xa están adxudicadas).

Método de adxudicación de prazas: por orde de inscrición ata cubrir prazas.

Adxudicación definitiva.

Unha vez rematado o periodo de inscricións procederase, dende o Servizo de Xuventude, á comprobación da veracidade dos datos das persoas solicitantes (documento de identidade, empadroamento na cidade de Vigo, ano de nacemento dos/as nenos/as…), coa correspondente corrección de erros se fose o caso, a praza quedará asignada definitivamente. Na Área Privada da web o estado da persoa participante pasará a ser “PRAZA FORMALIZADA”.

Exclusión de solicitudes.

Son motivos de exclusión automática do procedemento de adxudicación definitivo de prazas:

  • Renunciar á praza adxudicada a través da Área Privada da web.
  • Non presentar toda a documentación requirida ou non corrixir os erros no prazo sinalado.
  • Falsear datos no formulario de rexistro.Aquelas solicitudes que cumplan cos requisitos serán formalizadas e as que non serán dadas de baixa.

A formalización ou baixa da praza será comunicada por correo electrónico.

Lista de reservas. As solicitudes rexistradas como reservas serán procesadas por orde de inscrición e adxudicadas no caso de producirse algunha baixa.

AS PERSOAS QUE ESTANDO EN RESERVA TEÑAN DISPOÑIBILIDADE DE PRAZA SERÁN CONTACTADAS POR TELÉFONO E CORREO ELECTRÓNICO PARA COMUNICARLLES A DISPOÑIBILIDADE DE PRAZA.