A Concellería

A Concellería de Xuventude de Vigo ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 30 anos, extendendo en certas actividades a actuación ata 35 anos.

A Concellería de Xuventude de Vigo ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 30 anos.

As infraestruturas municipais xestionadas pola Concellería de Xuventude son:

Casa da Xuventude (López Mora 31) (historia do edificio da Casa da Xuventude ‘Vila Pilar’) , que acolle os servizos administrativos da Concellería e o Espazo de lecer infantil ubiado na mesma.

Vigosónico(Estrada do Portal s/n, Polígono Tecnolóxico de Valadares)

Espazo de lecer de Coia (Pavillón deportivo. Avda Castelao s/n)

Os programas que oferta a Concellería á poboación infantil resúmese en:

  • Espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude e de Coia, posibilitando o desenvolvemento dos máis cativos e cativas a través do tempo libre educativo ao longo do curso académico e facilitando, asemade, a conciliación familiar. As programacións lévanse a cabo nos espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude e de Coia, así como nos espazos conveniados con diversas entidades non lucrativas (Asociación de Veciños de Lavadores, APAMP e CRAC de Coruxo).
  • Verán Xove, que aglutina toda a oferta de campamentos e actividades de verán do Concello de Vigo.