O Auditorio Mar de Vigo presentou a súa programación cultural desde o mes de setembro ata xaneiro inclusive, cunha ampla proposta de espectáculos que abarca teatro, danza, música, ópera, circo, exposicións e producións familiares.
Nesta nova tempada destacan tanto as novidades como os espectáculos xa dispoñibles, que conforman unha axenda diversa, de primeiro nivel e pensada para toda a cidadanía. O alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou oficialmente esta programación, deseñada para seguir consolidando o Auditorio como referente cultural en Galicia.
As novidades que saen á venda a partir de hoxe son:
◦ Tarzán, o musical: espectáculo familiar para os días 14 e 15 de decembro
◦ O mago invisible, co ilusionista Dakris, primeiro Premio Nacional de Maxia o 20 e 21 de decembro
◦ A mítica banda Los Secretos o 27 de decembro
◦ Naviland, o musical: unha viaxe máxica ao lugar onde viven os Reis Magos o 28 de decembro
◦ Otaku Symphony Orchestra: unha orquestra sinfónica especializada en anime e videoxogos o 29 de decembro
◦ O Cascanueces de Tchaikovsky National Ballet o 30 de decembro, un clásico do Nadal por excelencia con máis de 30 bailaríns e que virou polos principais teatros do mundo
◦ Romeo e Julieta – Worldwide Ballet o 7 de xaneiro: unha produción de ballet
◦ Gran Concerto de Aninovo – Strauss Festival Orchestra o 10 de xaneiro
◦ O Lago dos Cisnes – Tchaikovsky National Ballet o 17 de xaneiro
◦ Carmina Burana e Concerto de Aranxuez o 30 de xaneiro
Todos os espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo.

