A Universidade de Vigo convoca obradoiros de extensión universitaria organizados nos tres campus no primeiro cuadrimestre do curso 2025/2026.
Os obradoiros recoñécense cun crédito ETCS por cada 30 horas de traballo e teñen un prezo de matrícula de 40 euros para o público xeral, 26 para a comunidade universitaria e 32 para outros colectivos vinculados á UVigo.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 3 de outubro.
Máis información:
www.uvigo.gal